Exposición CONSTELATIO – Ovoteca de Pitelos

Moitas estrelas e constelacións levan nomes da mitoloxía grega, cuxas lendas transmitíronse durante séculos. Desde tempos paleolíticos observouse a maneira na que os movementos dos corpos celestes concordan con certos sucesos aquí na terra.

Toda a cúpula celeste muda nun mundo animado que a través dos seus desprazamentos envían mensaxes en «clave», que debían ser descifrados para coñecer a vontade dos deuses.

Os antigos gregos foron unha das culturas que definiu os relatos da súa mitoloxía a través das constelacións, pero antes que eles, os mesopotámicos, exipcios, e pobos do mediterráneo elevaban a súa vista cara ao ceo para transmitir historias e coñecementos.

Tampouco o cristianismo estivo ao marxe da iconografía celeste, mantendo aos animais sacros na zoolatría evanxélica: Toro, Aguia, León e Anxo, catro constelacións que forman, por dicilo así, o séquito ou cortexo do Deus Solar, e que, durante o solsticio de inverno, ocupan os catro puntos cardinais do círculo zodiacal. Estes catro “animais” atopámolos en moitos dos Novos Testamentos católico–romanos nos “retratos” dos evanxelistas.

O relato das constelacións lévanos innegablemente á historia das culturas, das súas crenzas relixiosas, e a súa relación cos fenómenos terreáis e humanos.

As constelacións, representacións que habitan animadas na bóveda celeste, fillas do tempo e tan innegablemente enraizadas coa nosa cultura, convértense hoxe no motivo e fío condutor desta proposta expositiva.

O pintor santiagués José Manuel Méndez Rodríguez, Pitelos, reúne na Exposición Constelatio unha colección de pinturas nas que diferentes figuras recoñecidas do ámbito cultural galego, pousan personificando as distintas constelacións boreais que se distinguen desde o hemisferio norte, aludindo á súa representación na mitoloxía grega.

Exposición CONSTELATIO – Ovoteca de Pitelos

J. MÉndez – PITELOS

Comisariado: Adriana Pazos Ottón

Do 7 de Setembro ao 10 de Novembro / Igrexa da Universidade. Santiago de Compostela Universidade de Santiago de Compostela